sábado, 21 de junho de 2008

Falta un día para que "Novas na Eumesfera" teña unha semana de vida

Cando estamos a piques de cumprir a primeira semana de vida, podemos contar moitísimo orgullo como este proxecto non pasou inadvertido, xa que somos 21 amigos os que de momento formamos parte desta iniciativa, amigos que xa subimos 32 novas nos que se fixeron moitos comentarios, o que contribúe á difusión da nova.
Baixo ningún concepto Novas na Eumesfera naceu co obxectivo de substituír ou querer facer a competencia a ninguén, refírome a "Chuza" ou "Menéame", posto que o obxectivo único é o de dar maior difusión a calquera nova que se mereza destacar tanto na "Eumesfera" como en "Ferrolterra", inclusión esta última que se fai en agradecemento a "Arceibe" como usuario máis activo.
Destacar como novidade que elevaremos o número de votos necesarios para levar unha nova a destacados a 20.
Aproveitar tamén para dar as grazas aos usuarios de "Chuza" pois cos seus votos nesta nova que subiu "Arceibe" déronnos a benvida desexándonos o mellor nesta andaina.

quarta-feira, 18 de junho de 2008

Nacemento do Blogue de Novas na Eumesfera

Xa pasaron mais de 3 días desde que comezou a súa andaina "Novas na Eumesfera". Tras estes 3 días xa somos 18 persoas rexistradas neste proxecto, persoas que xa contabilizan 20 novas subidas das que 3 xa están como destacadas por mor dos votos que lles otorgástedes. Van tamén 14 comentarios rexistrados en tódalas novas, polo que co voso apoio podemos facer que este proxecto sexa ainda mais grande.
A partires de agora neste blogue poderedes informarvos de tódalas novidades que xurdan en "Novas da Eumesfera" así como tódolos cambios e enquisas que nun futuro poidan xurdir pra millora do funcionamento do noso agregador.
Si teñes algunha dúbida ou queres poñerte en contacto co administrador de "Novas na Eumesfera", podes facélo a traverso do correo electrónico indicado na portada.
Pra acceder ao blogue lembra que teñes un enlace en comunidade.
Saudos.